Excursións alumnos de arte en outubro

por - 19.10.06


O xoves, día 5 de outubro os alumnos de 2º de Bach fomos á inauguración da exposición: " Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística de identidade nacional". Resultou moi interesante sobre todo por que moitos de nós nunca tiñamos ido a unha inauguración chea de persoeiros. Posteriormente fomos visitar as obras pictóricas. Moi interesantes, aínda que había bastante xente polo que teremos que voltar visitala outro día con máis calma.
Agradecemos á Fundación Luís Seoane que nos tivese invitado e agardamos que o volte facer cando haxa outra exposición.

You May Also Like

0 comentarios


---