Manifesto contra a prostitución

14 decembro 2006
Manifesto contra a prostitución

Subida na onda da globalización, a industria do sexo crece sen parar destrozando en todo o mundo a vida de millóns de mulleres e nenas. Namentres, no noso país os políticos andan pensando na legalización da prostitución. As mulleres non podemos calar diante da lexitimación da explotación feminina.
Estamos ata os ovarios destes homiños que queren “conceder” ás mulleres a liberdade sobre o seu corpo, estes políticos que, en prol da modernidade, queren legalizar a prostitución para que sexa un traballo coma outro calquera, “porque cada muller é dona do seu corpo e pode facer con el o que lle peta.”
Vai resultar que as mulleres que se prostitúen o fan por gusto. Vaia gusto, aturar entre as pernas homes babosos e fedentos. ¡Que tomen bromuro ou merquen esas fantásticas bonecas inchables para descargarse.!
A prostitución converte á muller nunha mercadoría máis nesta sociedade de consumo, nun obxecto a mercé do desexo do home. Mentres siga existindo, a igualdade das mulleres será unha farsa.
O oficio máis vello do mundo é a máis vella escravitude. Cantas mulleres enganadas polas mafias que trafican con persoas; cantas sometidas a un chulo brutal, cantas empurradas á prostitución pola miseria sen saída.
En troques de legalizar esta escravitude ‘voluntaria’, os políticos deben dar ás mulleres a oportunidade de traballar cos mesmos dereitos que os homes e argallar os medios para a reinserción das mulleres prostituídas. E logo que fagan como os políticos suecos que para erradicar a prostitución multan aos homes que solicitan servicios sexuais.


Grita connosco: PROSTITUCIÓN --- ABOLICIÓN

NON AO SEXO MERCENARIO

NUNCA MÁIS PROSTITUCIÓN




Comité feminista do IES Adormideras

Se queres máis información: disposicións legais, argumentos


E a páxina
http://www.aboliciondelaprostitucion.org/

Ningún comentario