Día da biblioteca

25 outubro 2013
Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca.

A iniciativa  xorde para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
 
A proposta nace da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada en 1992 durante as guerras balcánicas.

No IES Adormideras o día celébrase en plena transformación da nosa biblioteca, como podedes ver na foto.

Ningún comentario