ALGARABÍA ANIMACIÓN

por - 29.4.14

E abril tivemos a oportunidade no centro de recibir unha didáctica e estupenda "clase" por parte dos integrantes de Algarabia Animación. Agradecemos a súa presenza con toda a importante información que supuxo para os nosos alumnos.
Algarabía Animación é a produtora de Tomás Conde e Virginia Curiá que se encarga da maioría das publicidades que vemos na televisión. A parte diso, tamén se adica a facer curtametraxes e películas de animación 'stop motion'.
Todo o seu traballo comezou hai vinte anos cando decidiron facer como traballo de fin de curso, na Escola de Imaxe e Son, unha curtametraxe con plastilina. Dende entón, non pararon e foron coñecendo figuras importantes no medio do audiovisual e recibindo premios, que os fixeron moi coñecidos.
No seu estudo só están eles dous, pero de vez en cando veñen alumnos en prácticas. Agora están pendentes da saída da súa primeira longametraxe “Bruxerías” na que traballan como directores.
O 12 de Abril deste ano foron os premios Mestre Mateo, onde foron os triunfadores da noite levando os dous premios polos que estaban nomeados, un á mellor publicidade e outro á mellor curtametraxe de animación. NORABOA


You May Also Like

0 comentarios


---