¡Fogo!

por - 9.4.14

https://picasaweb.google.com/114738382204055508759/SimulacroDeEvacuacion2014#


Onde hai fume hai lume, e se hai lume hai un incendio. Isto foi o que ocorreu onte no centro: fume na biblioteca.Como consecuencia houbo que evacuar o insti. Cando xa imaxinabamos os libros ardendo, chegaron os bombeiros actuando rapidamente.
 O conto é que foi todo un simulacro para aprender a reaccionar neste tipo de situacións.
 Oímos sobre as doce da mañá a serea tocar varias veces e tódalas clases con cadenseu profesor á fronte , saímos organizados cara ao patio. Todo transcorreu nuns tres ou catro minutos sen ningún contratempo. A verdade é que previamente xa  tiveramos unha charla a cargo duns bombeiros na que nos informaron sobre como actuar nestas situacións.
Aprendizaxe diferente, interesante e de supervivencia!!!

O día 9 de abril, mércores fixemos un simulacro de evacuación como culminación de tres días con actividades adicadas ao plan de autoprotección do IES Adormideras.

O luns, 7 tivemos unha xornada formativa para profesores e persoal non docente impartida por Jesus Valencia, do Servicio de Bombeiros de A Coruña.
O Martes, 8 a formación foi para o alumnado da ESO, que asistiu a unha charla sobre riscos e evacuación.
As tres xornadas resultaron altamente satisfactorias e interesantes para toda a comunidade escolar.

You May Also Like

0 comentarios


---