Campaña de Recollida de Alimentos

por - 7.5.14

Dende o Departamento de Relixión estamos a organizar unha Campaña de Recollida de Alimentos destinados ao Banco de Alimentos Rías Altas da nosa cidade.

Solicitamos a vosa colaboración e a de toda a comunidade educativa.

Según nos comenta César o reponsable do Banco de Alimentos, hai moita necesidade

Non temos moito tempo, ata fináis de maio. 

Por favor lembrade que teñen que ser alimentos non perecedeiros: galletas, cereáis, legumes, tetrabricks de leite ou zume, pasta, conservas en lata, azucre e sal. 

Pódense deixar en conserxería.

Aproveito para recordarvos que tamén estamos a facer unha campaña de recollida de roupa e calzado usados (ata 4 de xuño) e de tapóns de plástico.

Agora urxe a de alimentos. Animádevos a colaborar e a deixar o listón de Adormideras solidario ben alto.

Grazas pola vosa colaboración.

Departamento de Relixión.

You May Also Like

0 comentarios


---