CASTING; BUSCANDO UNHA FILLA

por - 9.5.14


https://picasaweb.google.com/114738382204055508759/CastingVacafilms#
No Instituto podemos ter experiencias moi variadas.
Como xa avisáramos, o martes, día 6, viñeron da produtora Vacafilms para realizar un casting a alumnas con idades comprendidas entre 13 e 15 anos.
A produtora Vacafilms é a responsable de películas afamadas como “Celda 211”, e proximamente vai rodar unha nova, na que traballarán como protagonistas Luis Tosar e Belén Rueda. Esta parella terá dous fillos, un neno de 9 anos e unha nena de 14, que é a rapaza que están buscando entre as nosas alumnas xunto a outras moitas dos distintos centros educativos da cidade.
O responsable do casting fixo unha serie de fotos e videos , facendo algunhas preguntas  ás rapazas participantes, cunha tableta. Outra boa experiencia sería contar entre o noso alumnado cunha actriz que traballou xunto a estes dous grandes actores.
Sorte, chicas!

You May Also Like

0 comentarios


---