SAMAÍN 2014 A festa das cabazas

por - 17.10.14

Este curso por primeira vez vaise celebrar no centro, convocado polo ENDL unha exposición-concurso de cabazas e de relatos relacionados coa tradición do Samaín, relatos de medo... 

Bases do concurso

XÉNERO. Textos en prosa (conto breve, relato, prosa periodística, redacción en xeral...)
PRESENTACIÓN. Textos mecanografados en lingua galega dunha extesión máxima de dúas páxinas a 1'5 espazos e con marxes. Terá que levar título, nome e curso do autor.
CATEGORÍAS. Establécense tres categorías por ciclos: 1ª alumnos/as de 1º e 2º de ESO. 2ª alumnos/as de 3º e 4º de ESO. 3ª alumnos/as de 1º e 2º de bacharelato.
SELECCIÓN DE TEXTOS. Farase unha selección na aula de 3 ou 4 textos por grupo. Os premios definitivos por categorías serán concedidos por un xurado formado polos membros del departamento. O fallo do xurado será inapelable.
PREMIOS. Entregarase un premio por categoría e os accésit ou mencións extraordinarias que o xurado estime convenientes. Os premios consistirán nunha camiseta do centro, na lectura dos textos premiados , a súa publicación na páxina web del centro, na revista Mapoula, e na publicación da 1º edición de relatos de Samaín que estará exposta na biblioteca.
Lembrade, o prazo de presentación dos textos remata o venres, 24 de Outubro.
 Animámos vos a participar.
 De vós depende que teñamos uns días cheos de misterio e de medo.

You May Also Like

0 comentarios


---