"O MEU CUARTO" Exposición de cadros

20 abril 2016
Estes días pódese disfrutar da exposición realizada polos alumnos de 2º de bacharelato na asignatura de Fundamentos de deseño dirixidos polo seu profesor Juan Carlos López.

A partir da obra de Manuel Maria e concretamente do poema
  " O meu cuarto" do seu libro  " As rúas do vento ceibe" o alumnado inspírase para realizar os cadros que podedes contemplar na sala de exposicións.

Agradecemos especialmente ao profesor  de debuxo artístico Juan Carlos López González esta inciativa para achegar o alumnado á obra de Manuel María  e pór un gran de area na celebración do Día das Letras Galegas.

" Eu teño na miña casa
un cuarto só para min
nel gardo soños sen tasa
e fantasías sen fin..."

https://picasaweb.google.com/114738382204055508759/ExposicionTraballos2BacharelatoDeseno

Ningún comentario