CHARLA- CONFERENCIA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

por - 30.3.17

O luns 13 de marzo veu ao noso centro de Adormideras o escritor Héctor Cajaraville a falarnos sobre o proceso de creación  do seu libro A caixiña dos rancores , libro que xa tiñamos lido.
O escritor comezou falando da súa vida : desde xove quixo estudar xornalismo e escribir noticias como facía na revista do seu instituto. Pronto  empezou a combinar esta faceta coa literatura.
Ao principio dirixíase a un público adulto pero posteriormente a súa obra enfocouna a un público xuvenil.
Contounos com  creou distintos personaxes tomando como referencia  persoas do seu entorno, atendeu ás nosas preguntas amablemente, e asinounos os exemplares da obra. Dámoslle as grazas e agardámolo noutra ocasión.

Helena Patricia Da Cunha

You May Also Like

0 comentarios


---