Olimpíada Española de Física

07 marzo 2017

Os alumnos Alejandro Saavedra Mejuto e Martín Otero Lema, de 2º de bacharelato A acudirán nada máis e nada menos que á Olimpíada Española de Física que terá lugar en Girona desde o día 31 de marzo ata o 3 de abril.
Os alumnos foron seleccionados tras as probas organizadas polas tres universidades galegas durante o pasado venres 17 de febreiro, nas que os alumnos renderon a un nivel moi alto, conseguindo estar entre as tres primeiras cualificacións no sector correspondente á Universidade da Coruña e así poder clasificarse para as Olimpíadas Españolas de Física.
É así que o noso instituto consegue ter dous representantes en esta prestixiosa proba dun total de nove estudantes representando a toda Galicia.
Parabéns aos alumnos e ao IES P. Adormideras por este gran éxito, e moitos ánimos para a dura proba que espera!...

Ningún comentario