Parabéns a Martín e Alejandro

por - 19.4.17


Como xa comentamos anteriormente, os alumnos de Adormideras Alejandro Saavedra Mejuto e Martín Otero Lema, de 2º de bacharelato acudiron  á Olimpíada Española de Física que se celebrou en Girona a principios de abril.


Nesa convocatoria, Martín obtivo unha medalla de prata, o que é un gran éxito, tal como recolle La Voz de Galicia. Noraboa, para eles e para o seu profesor, Antonio García Bastida, que os apoiou neste reto.

You May Also Like

0 comentarios


---