Laura e Marina: as nosas actrices

por - 9.3.18




Hoxe queremos falarvos de dúas das nosas alumnas que cursan actualmente 2º de BAC, Marina Dans e Laura Codesido, que mañá estrean a obra de teatro "Yerma", de Federico García Lorca, no Centro Ágora da nosa cidade.

As dúas actrices forman parte da compañía de teatro Noite Bohemia, e veñen de participar nunha xira por teatros de diversas cidades de España, na que representaron a obra "Troyanas".

Nunha das imaxes que vos amosamos aquí podedes velas posando co 1º Premio que gañaron en verán de 2017, no XII Concurso Nacional de Teatro Grecolatino, organizado polo Ministerio de Educación y Cultura, que tivo lugar no Teatro Romano de Mérida, coa obra "Bacantes". E tamén as vedes na recepción que se lles fixo no Concello de A Coruña, para celebrar dito premio.

Alegrámonos moito dos vosos éxitos, Laura e Marina e desexámosvos "moita merda" para a estrea de mañá!






You May Also Like

0 comentarios


---