Novo éxito dun dos nosos alumnos na Olimpiada de Física

por - 7.3.18

Miguel López Cuesta, alumno de 2º de bacharelato do noso centro, conseguiu o primeiro posto na Olimpiada de Física que se celebrou na Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña o pasado venres 23 de febreiro.

Con este logro o alumno consegue ademais a súa clasificación para a Olimpíada Española de Física que terá lugar en Valladolid do 13 ao 16 de abril deste ano, tal como recolle a publicación de La Voz de Galicia no día de hoxe.

O éxito acadado polo noso instituto é maior se cabe se temos en conta que o pasado ano dous dos nosos alumnos clasificáronse tamén para dito certame nacional e ademais un deles obtivo finalmente en dita proba medalla de prata.

Parabéns a Miguel e grazas ao noso compañeiro, o seu profesor Antonio García Bastida, por este gran éxito. E moitos ánimos para a dura proba que espera!...


You May Also Like

0 comentarios


---