Exposición de retratos

por - 9.4.18



Este ano contamos dende principios de curso cunha exposición de retratros realizados polos alumnos de segundo de Bacharelato. Algúns realizados a modo de traballo de Debuxo Artístico, que consistía en retratarse baseándose na obra doutro autor e os outros nunha recopilación de diferentes traballos de Técnicas de expresión gráfico plástica.

Esta exposición foi realizada integramente polos alumnos xa que tanto as obras como o seu enmarcado e a súa colocación foi realizada por nós. No persoal, participei na colocación das obras e foi unha experiencia moi interesante, xa que acostumado a entrar nunha exposición e encontrala posta, resultou diferente ver diversos cadros na parede, ir colocando, cambiando segundo vas vendo as posibles composicións e como os diferentes cadros crean harmonía entre eles.

DANIEL FERNÁNDEZ VALEIRO 2ºBAC C

Podes ver máis imaxes pinchando no enlace.














You May Also Like

0 comentarios


---