Concurso de debuxo da natureza

11 decembro 2017
Hai unhas semanas os alumnos de Debuxo Artístico de 2º de BAC participaron, da man das súas profesoras María e Mariam, no V Certame de Debuxo da Natureza "Vida silvestre no Encoro de Cecebre Auga e Vida", convocado polo Grupo Naturalista Hábitat e Emalcsa.

Maila que non viñeron cun premio debaixo do brazo, queremos felicitar ás nosas alumnas polos catro traballos seleccionados dentro dos dez mellores debuxos na categoría de maiores de 14 anos. Segundo os convocantes do concurso "este ano a selección foi especialmente difícil". Así que parabéns a:
  • Cristina Fariña
  • Melissa Delgadillo
  • Blanca Orro
  • Candela Avendaño
e ás súas profesoras!

Próximamente formarán parte dunha exposición e elaborarán con eles un calendario temático. E por aquí manterémosvos informados.




Ningún comentario