Así de ben o pasou o alumnado de 3º e 4º de ESO practicando deportes acuáticos, como o kayak na praia de Oza, na actividade organizada polo Departamento de Educación Física.
Hai unha semana
Así de ben o pasou o alumnado de 3º e 4º de ESO practicando deportes acuáticos, como o kayak na praia de Oza, na actividade organizada polo Departamento de Educación Física.
O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO achegouse á praia viciña de San Amaro para facer limpeza, acompañados pola súa profesora Paula.
O alumnado de 1º de ESO e o seu profesor de Tecnoloxía, Avelino, ven de fabricar uns recipientes contedores moi sostibles, elaborados con materiais de refugallo que servirán para gardar materiais de escritorio ou o que se nos ocorra. Podémolos atopar en secretaría, conserxería, na sala de profesores e, tal como podedes ver na imaxe, na biblioteca, a onde o alumnado de 1º de ESO A se achegou a levalo. Moitas grazas, rapazada!
Para reivindicar o papel da muller na sociedade e nas nosas vidas, o noso alumnado realizou unha serie de actividades que deron como resultado cadros e carteis e vídeos. O Equipo da Biblioteca organizou unha exposición na entrada do instituto para amosarvos todos estes traballos, e acompañounos dunha selección bibliográfica dos nosos fondos.
- A mostra "Mulleres como elas, mulleres como nós" recompila retratos de mulleres pintados polo alumnado de 2º de Bacharelato, en Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica. Nela podemos ver a moitas mulleres moi importantísimas nas nosas vidas: nais, irmás, amigas, e mesmo autorretratos das propias alumnas, realizados en acrílico, tinta chinesa, grafito, cera...
