Ata hai uns días puidemos ver no vestíbulo do centro esta exposición cos estupendos traballos do alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato.
Hai 6 meses
Ata hai uns días puidemos ver no vestíbulo do centro esta exposición cos estupendos traballos do alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato.
O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes visitou na nosa cidade varias exposicións moi interesantes: a de fotografía de Meisel 93, como parte dunha actividade que se celebrou previamente no instituto, o Proxecto Polaroid, na Fundación Barrié e a exposición "En pretérito seguinte", no Kiosko Alfonso. Nesta última, casualmente puideron ver obra da nosa antiga alumna e artista Lara Pintos.
Compartimos imaxes da visita do alumnado de Física e Química de 1º de Bacharelato ao CIQUS e ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller, en Santiago de Compostela, acompañados polos seus profesores Lili e Nono.
Con bastante retraso compartimos por aquí algunhas imaxes da viaxe a Madrid que o Departamento de Artes Plásticas organizou para que alumnado do Bacharelato de Artes puidese coñecer de primeira man algunha das obras maestras das artes plásticas do Museo do Prado e a Fundación Thyssen-Bornemisza
Resultou ser unha viaxe intensa pero moi ben aproveitada.
O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes asistiu á visita guiada á exposición A Galicia Deseñada. Símbolos, marcas e identidades gráficas, no espazo de intervención cultural Normal da Universidade da Coruña. A visita foi organizada polo Departamento de Artes Plásticas do centro
Un grupo de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato de Artes (Pablo, Elba, Eric, Sofía, Sara, e Alba) dirixidos polos sus profesores de Fundamentos da Arte, Gema Cilleros e Literatura Universal, Carlos Calvete, veñen de pintar, na 3ª pranta do centro, un mural en homenaxe á escritora Almudena Grandes e a súa literatura. Moitas grazas a todos pola vosa arte!
Artigo en La Voz de Galicia.
O alumnado de 1º de BAC E visitou, acompañado polas profesoras María e Emi, de Debuxo Artístico, o taller do artista coruñés Pedro Bueno. Grazas por acollernos e amosarnos as túas obras!
