Deixamos de publicar as actividades neste blog. Podedes seguirnos desde as redes sociais e acceder á galería de imaxes das actividades desde os enlaces da barra lateral nosa web.
Hai 5 días
Deixamos de publicar as actividades neste blog. Podedes seguirnos desde as redes sociais e acceder á galería de imaxes das actividades desde os enlaces da barra lateral nosa web.
Nas vitrinas do vestíbulo do centro puidemos gozar dos estupendos bonecos que o alumnado de Volume de 1º de Bacharelato deseñou e confeccionou, da man da súa profesora Bea. Todos teñen a súa historia, que sería estupendo coñecer.
O departamento de Educación Física, coa profesora Uxía e Multiaventura Norte, acompañada por Fran e Isa, organizou esta viaxe a Asturias, co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Como vedes nas imaxes, levaron a cabo unha chea de actividades como o descenso do Sella, sendeirismo por Lagos de Covadonga e actividades multiaventura como paintball, humor amarelo e bubble soccer. Inesquecible!
Máis imaxes aquí.
Non queremos esquecernos de felicitar desde aquí á nosa alumna de 1º de Bacharelato, Carla Gómez Iglesias, que este ano recolleu o Premio Extraordinario de Ensinanzas Artísticas, concedido o curso pasado, polos seus estudos de Música no Conservatorio. Na imaxe, recolle o diploma da man do Conselleiro de Educación e o Presidente da Xunta.
Moitos parabéns, Carla!
Durante as últimas semanas de clase, polos pasillos do centro puidemos ver ao noso alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato traballando en diferentes proxectos artísticos. Algúns deles quedaron só na memoria do bo traballo en equipo realizado e outros siguen decorando as nosas paredes.
O alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de visitar o centro CEIDA, no castelo da Illa de Sta. Cruz, organizada polas profesoras do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Paula e Marina, que foron acompañadas por Carlos.
Hai unhas semanas, o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato D da materia de Música asistimos á representación do musical Wicked, no Centro Ágora, acompañados pola profesora Pilar Espido.
O grupo de teatro que botou a andar este curso no noso centro, organizado polos profesores Bea e Carlos, coa participación de alumnado de distintos cursos, estrearon as súas obras entre aplausos. O amor de Yerma e As fillas de Bernarda Alba foron os textos elixidos e adaptados para a ocasión, das pezas orixinais de Federico García Lorca. Grazas a todos por eses momentos inesquecibles!
Un ano máis, sae á luz a nosa revista escolar Mapoula. Nela recollemos o traballo de todo o ano de alumnado de todos os cursos do centro e profesorado, coordinados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con Mª Xosé González á fronte. Do deseño, maquetación e ilustración encárganse o alumnado de TEGP e o equipo de voluntariado da biblioteca, coa profesora Montse.
E tanto traballo ben merece unha boa gala que recoñece aos participantes das actividades do EDLG e noa fai pasar unha mañá estupenda con actuacións musicais.
Grazas a todos por compartir as vosas historias, porque sen elas, a nosa revista non sería posible.
Podedes ver moitas máis imaxes da gala aquí e aquí.
Volve o noso alumnado a amosar as súas palabras favoritas a través do debuxo no concurso-exposición organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co da Biblioteca.