Ata hai uns días puidemos ver no vestíbulo do centro esta exposición cos estupendos traballos do alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato.
Hai 2 días
Ata hai uns días puidemos ver no vestíbulo do centro esta exposición cos estupendos traballos do alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato.
Así de ben o pasou o alumnado de 3º e 4º de ESO practicando deportes acuáticos, como o kayak na praia de Oza, na actividade organizada polo Departamento de Educación Física.
O xardín segue precioso, gracias ao traballo de profesorado e alumnado, baixo o paraugas de Voz Natura e dos PFPP (Programas de Formación Permanente do Profesorado). E que ben o pasamos!
Máis imaxes aquí.
No mes de abril alumnado de 3º e 4º de ESO da materia de Cultura Científica tivo a oportunidade de asistir ao Taller de nutrición "Bocados", do Laboratorio Aberto – Domus, coas súas profesoras, Eva e Marina.
Máis imaxes, aquí.
Un ano máis, o noso alumnado do Bacharaletao de Artes acada galardóns no 18º premio Xurxo Lobato de fotografía. A súa profesora, Nuria Pena, a Vicedirectora, Concha Martínez e o Director, José Manuel Tallos, acompañan ás alumnas na entrega de premios. Parabéns a Irene e Airam, ao alumnado finalista e á profesora!
2º PREMIO
IRENE MENDEZ FERNANDEZ
TITULO DA FOTO “SOMBRAS Y REFLEJOS”
3º PREMIO
AIRAM GABRIELA CERA RODRIGUEZ
TITULO DA FOTO “PERFUME DE NUBES”
Nesta actividade do departamento de Bioloxía e Xeoloxía o alumnado de 4º ESO e 1º BAC A, de Bioloxía e Cultura Científica aprenderon sobre anelamento científico de aves, no lugar de Crendes (Cecebre). E non, aos paxariño non lle fan dano e voa libre ao rematar.
O alumnado de Tecnoloxía de 1º de ESO, co seu profesor, Avelino, fabricou estes mecanismos móbiles feitos con material de refugallo, que poidemos ver na exposición da biblioteca, onde o alumnado voluntario fixo de guía para velos en funcionamento.
O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes visitou na nosa cidade varias exposicións moi interesantes: a de fotografía de Meisel 93, como parte dunha actividade que se celebrou previamente no instituto, o Proxecto Polaroid, na Fundación Barrié e a exposición "En pretérito seguinte", no Kiosko Alfonso. Nesta última, casualmente puideron ver obra da nosa antiga alumna e artista Lara Pintos.
O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO achegouse á praia viciña de San Amaro para facer limpeza, acompañados pola súa profesora Paula.