Nas vitrinas do vestíbulo do centro puidemos gozar dos estupendos bonecos que o alumnado de Volume de 1º de Bacharelato deseñou e confeccionou, da man da súa profesora Bea. Todos teñen a súa historia, que sería estupendo coñecer.
Hai unha semana
Nas vitrinas do vestíbulo do centro puidemos gozar dos estupendos bonecos que o alumnado de Volume de 1º de Bacharelato deseñou e confeccionou, da man da súa profesora Bea. Todos teñen a súa historia, que sería estupendo coñecer.
Durante as últimas semanas de clase, polos pasillos do centro puidemos ver ao noso alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato traballando en diferentes proxectos artísticos. Algúns deles quedaron só na memoria do bo traballo en equipo realizado e outros siguen decorando as nosas paredes.
Volve o noso alumnado a amosar as súas palabras favoritas a través do debuxo no concurso-exposición organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co da Biblioteca.
O alumnado de Tecnoloxía de 1º de ESO, co seu profesor, Avelino, fabricou estes mecanismos móbiles feitos con material de refugallo, que poidemos ver na exposición da biblioteca, onde o alumnado voluntario fixo de guía para velos en funcionamento.
O alumnado de 1º de ESO e o seu profesor de Tecnoloxía, Avelino, ven de fabricar uns recipientes contedores moi sostibles, elaborados con materiais de refugallo que servirán para gardar materiais de escritorio ou o que se nos ocorra. Podémolos atopar en secretaría, conserxería, na sala de profesores e, tal como podedes ver na imaxe, na biblioteca, a onde o alumnado de 1º de ESO A se achegou a levalo. Moitas grazas, rapazada!
Un grupo de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato de Artes (Pablo, Elba, Eric, Sofía, Sara, e Alba) dirixidos polos sus profesores de Fundamentos da Arte, Gema Cilleros e Literatura Universal, Carlos Calvete, veñen de pintar, na 3ª pranta do centro, un mural en homenaxe á escritora Almudena Grandes e a súa literatura. Moitas grazas a todos pola vosa arte!
Artigo en La Voz de Galicia.
Hai uns días, o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de asistir á exposición de traballos do alumnado de 1º de Bacharelato de Artes, onde os propios alumnos e alumnas lles presentaron os seus libros de artista realizados en Fundamentos da Arte, así como obras de Volume e Debuxo Artístico.
Máis imaxes aquí.
