Durante o mes de maio, o departamento de Filosofía visitou os xulgados da cidade, dentro do programa "Educar en xustiza", co alumnado de 3º de ESO, acompañados polos profesores Anxo, María Xosé e Manuel.
Hai 2 semanas

Aproveitamos estes días libres para poñernos ao día coas publicacións de actividades que non nos deu tempo a levar ao día durante o curso. Hoxe compartimos imaxes da exposición de traballos do alumnado de Filosofía reflexionando sobre o Día da non violencia contra a Muller, que se reivindica o 25 de novembro. Grazas aos compañeiros do Departamento por compartilos!
Para conmemorar o Día da Filosofía, que se celebrou o 18 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato, xunto co seu profesorado, Carmen e Anxo, elaboraron estes estupendos traballos, que visibilizaban dun xeito tan atractivo como vedes nas imaxes a importancia desta disciplina na sociedade. A exposición púidose ver na entrada e nas escaleiras do centro.