Quen somos



No Instituto Adormideras impartimos os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O) e os seguintes Bacharelatos:

    • Artes, 
    • Humanidades e Ciencias Sociais,
    • Ciencias da Natureza e Tecnolóxico.

O noso ensino é plurilingüe, en lingua inglesa, nas materias de Ciencias naturais e Relixión de 1º e 2ºESO, Física e Química de 3ºESO e Informática de 4ºESO. Contamos tamén cunha Sección Bilingüe en inglés na materia de Volume de 1ºBAC. Somos un dos poucos centros en Galicia que ofrecemos a materia de Alemán e, por suposto, contamos tamén coas habituais Lingua Galega e Lingua Castelá.




Estamos situados na península que lle da o nome ao Polígono de Adormideras, na cidade de A Coruña. Un lugar privilexiado, preto do mar e da Torre de Hércules.




O noso centro foi fundado no ano 1991, así que no 2016 celebramos o noso 25 aniversario. Durante todos estes cursos que levamos pasamos por varios sistemas educativos, uns cantos equipos directivos, sufrimos momentos baixos no número de alumnos, implantamos diversos e exitosos programas educativos...

Esperamos poder seguir evolucionando e acollendo alumnos, profesores e persoal non docente, pero sobre todo esperamos seguir podendo dicir o que moitos din de nós, que

ADORMIDERAS 

É UN LUGAR DIFERENTE

...

Se buscas máis información sobre o funcionamento do noso centro, podes visitar 
a nosa páxina web.


---