Xa temos dispoñible a versión dixital da nosa revista Mapoula do curso pasado, para que poidamos acceder a ela desde calquer dispositivo. recordade que temos os números antigos dispoñibles desde a páxina principal do centro
Hai 2 semanas
Xa temos dispoñible a versión dixital da nosa revista Mapoula do curso pasado, para que poidamos acceder a ela desde calquer dispositivo. recordade que temos os números antigos dispoñibles desde a páxina principal do centro
Por fin temos nas nosas mans a revista Mapoula deste curso, que ven da man do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coas profesoras, María Xosé González e María Xosé Mato á fronte.
Desta vez puidemos presentala (case) como máis nos gusta: cunha grande festa compartida, con entregas de premios de actividades que tiveron lugar ao longo do curso, actuacións de música e danza, e moito por compartir. Todo conducido por unhas presentadoras de luxo!
Mais imaxes aquí. Artigo de La Voz de Galicia.
Xa estamos inmersos na preparación da nosa revista Mapoula desde curso, pero aproveitamos para recordar a nosa presenza na prensa local o curso pasado, cando o Departamento de Dinamización da Lingua presentouna a toda a comunidade. Recordade que, quen non conseguiu exemplar en papel, pode acceder á revista online desde este enlace.
No mes de xuño La Voz de Galicia fíxose eco da festa de presentación da nosa revista co artigo que podedes ler aquí e esta imaxe que nos trae recordos do primeiro día de compartir todos xuntos en moito tempo:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2021/06/03/mapoula-especial-ies-adormideras/00031622742561608560682.htm
Xa temos esgotados todos os números que saíron á venda do último número da revista Mapoula en papel. Se non te puideches facer con un, podes acceder á versión dixital pinchando na imaxe e desde aquí.
Con esta lectura que podemos levar connosco a todas partes, empezamos as vacacións e desexamos a todos un feliz verán.
Un día de festa importante no centro é o día que por fin sae á luz a nosa revista, Mapoula, que levamos todo o curso elaborando. Este número é moi especial porque é un número doble que recompila materiais do curso pasado e do actual.
A gala de presentación resultou tamén diferente, porque non puidemos ter todos os asistentes que nos gustaría, pero moi emotiva. Puidémonos xun tar por fin algúns de nós no salón de actos por primeira vez desde hai un ano (respectando as medidas sanitarias en vigor) e compartir unhas actuacións fantásticas.
Para que ninguén o perda, o noso compañeiro profesor Juan Carlos López González grabou o vídeo que vos ofrecemos a continuación, co que agardamos que gocedes. E neste enlace podedes acceder ás imaxes do día.


