Presentación Revista Mapoula

por - 10.6.21


Un día de festa importante no centro é o día que por fin sae á luz a nosa revista, Mapoula, que levamos todo o curso elaborando. Este número é moi especial porque é un número doble que recompila materiais do curso pasado e do actual. 

A gala de presentación resultou tamén diferente, porque non puidemos ter todos os asistentes que nos gustaría, pero moi emotiva. Puidémonos xun tar por fin algúns de nós no salón de actos por primeira vez desde hai un ano (respectando as medidas sanitarias en vigor) e compartir unhas actuacións fantásticas. 

Para que ninguén o perda, o noso compañeiro profesor Juan Carlos López González grabou o vídeo que vos ofrecemos a continuación, co que agardamos que gocedes. E neste enlace podedes acceder ás imaxes do día.




You May Also Like

0 comentarios


---