Volve o noso alumnado a amosar as súas palabras favoritas a través do debuxo no concurso-exposición organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co da Biblioteca.
Hai 5 días
Volve o noso alumnado a amosar as súas palabras favoritas a través do debuxo no concurso-exposición organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co da Biblioteca.
Outra actividade coa que nos animaron a celebrar as nosas letras desde o EDLG e o departamento, foi o encontro coa escritora Eva Mejuto, que nos falou dos seus últimos libros. Podedes atopalos e levalos en préstamo na nosa biblioteca.
Seguimos compartindo imaxes das actividades organizadas nestas últimas semanas. Para celebrar as nosas letras, os departamentos de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa colaboración da Biblioteca, presentáronnos unha exposición sobre o escritor homenaxeado, Francisco Fernández del Riego. Ademáis, agasalláronnos con libros para levar ás nosas casas e compartiron con nós un boletín con información sobre o autor.
Hai uns días entregamos os premios aos marcadores elixidos este ano para representar o centro, en nome do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, colaborando co da biblioteca. As autoras dos estupendos traballos que inclúen un lema e unha ilustración son Judith Bartolomé, na categoría de ESO e Elba Meléndrez, na categoría de Bacharelato. Moitos parabéns!
