Para os que sodes novos por aquí, éste será un post de descubrimento da nosa revista anual, elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa participación de toda a comunidade escolar. O último número presentámolo a finais do curso pasado e a edición en papel foi un éxito rotundo. Tanto, que se esgotou en cuestión de minutos e tivemos que poñer en marcha unha segunda edición.
Se queredes facervos cun exemplar para gozar da edición en papel, podedes preguntar en conserxería.
E se queredes ver a dixital, aquí a tedes:
0 comentarios