A nosa biblioteca

por - 10.10.19

Moitos de vós estades xa facendo uso da nosa Biblioteca durante os recreos e nalgunha hora intermedia en que permanece aberta. 

Desde aquí tamén queremos convidarvos a que visitedes o blog AdormiBIBLIO, que cambia de título e dirección, e a recén estreada conta de Instagram @adormibiblio. estade atentos a todas as novidades que traemos para este curso, que agardamos que vos gusten moito.

E como a todos nos gusta empezar tempada "con zapatos novos" tamén estreamos angúns cambios na imaxe coa que nos presentamos, a través dos nosos logotipos, para poñernos aínda máis guapos.








You May Also Like

0 comentarios


---