O alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de visitar o centro CEIDA, no castelo da Illa de Sta. Cruz, organizada polas profesoras do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Paula e Marina, que foron acompañadas por Carlos.
Hai 5 meses
O alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de visitar o centro CEIDA, no castelo da Illa de Sta. Cruz, organizada polas profesoras do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Paula e Marina, que foron acompañadas por Carlos.
No mes de abril alumnado de 3º e 4º de ESO da materia de Cultura Científica tivo a oportunidade de asistir ao Taller de nutrición "Bocados", do Laboratorio Aberto – Domus, coas súas profesoras, Eva e Marina.
Máis imaxes, aquí.
Nesta actividade do departamento de Bioloxía e Xeoloxía o alumnado de 4º ESO e 1º BAC A, de Bioloxía e Cultura Científica aprenderon sobre anelamento científico de aves, no lugar de Crendes (Cecebre). E non, aos paxariño non lle fan dano e voa libre ao rematar.
O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO achegouse á praia viciña de San Amaro para facer limpeza, acompañados pola súa profesora Paula.
O 29 de marzo, o alumnado de Física, Química e Bioloxía de 2º de Bacharelato, acompañados polas súas profesoras, Liliana e Marina, visitaron a Domus. Nela participaron na actividade na que utilizaban a PCR para illar o ADN e identificar ao asesino dun crime, comparando o ADN atopado na escea do crime co dos dos sospeitosos.
Compartimos imaxes da visita do alumnado de 1º de Bacharelato A, das materias de Cultura Científica e Bioloxía e Xeoloxía, acompañados polas profesoras Marina e Natalia:
