Hai unhas semanas tivemos a gran sorte de que a nosa alumna de 2º de Bacharelato, Celia Blanco Docampo compartise connosco, a través das actividades organizadas pola Biblioteca e o Departamenmto de Artes Plásticas, algunhas das películas do documentalista afeccionado Antonio Docampo. Puidemos gozar da maxia do cine analóxico por medio do proxector que trouxo ao centro e ela mesma manexou. E ata experimentamos en directo o delicado que é o celuloide e como se pode reparar cando a película racha.
Hai unha semana
0 comentarios