Unha das últimas actividades que levamos a cabo este curso foi a creación dun mural para as paredes do noso ximnasio. Comezou como una iniciativa de Teba Argiz que traballou María Álvarez coa colaboración de Pilar Castro, a profesora de Educación Física, con todos os alumnos que vos indicados ao final do artigo.
O deseño está inspirado nas obras do pintor e Keith Haring e creouse de xeito colectivo polo alumnado de Debuxo Artístico II de 2º BAC coa súa profesora e Vicedirectora María Álvarez.
Nas imaxes podedes ver algúns momentos do proceso de traballo da elaboración do mural. Non foi un traballo doado, pero o resultado, como podedes ver, convirte o espazo en moito máis noso, algo que sabedes que nos gusta moito no centro.
Grazas a todos os que participastes na súa elaboración, sobre todo á profesora María por encabezar o traballo!
1º ESO A: Xiana Pedreira, Carmela García, Joaquín Velasco, Elena Gómez, Mencía Iglesias
1º ESO B: Carla Gómez, Xiana Vázquez, Aitana Santamaría, Noa Pardiñas, Pablo Pérez, Alba Pérez
3º ESO A: Rebeca Moreno, June Roca, Sarah Domínguez, Leonor Vázquez
4º ESO B: Mencía Fernández, Lucía Sesar, Hugo Fontenla, Fabiola Pascual
1º BAC D: Víctor Chamorro, Elena González, Gloria Liñares, Henrique Pena, Marta Pose, Sofía Torres
0 comentarios