Adormideras colabora con Sargadelos

por - 13.4.11

Un grupo de alumnos de 1º D (bacharelato artístico), coa profesora Pura Sorribas, tivo o privilexio de colaborar nun proxecto desenvolvido por Cerámicas de Sargadelos nas instalacións atopadas en O Castro (Sada).

Trátase dunha homaxe a Xapón que quere lembrar artisticamente os recentes padecementos do seu pobo. Consiste nun mural formado por teselas, a xeito de puzzle, no que  se plasma un poema xaponés, baixo o que se sitúa o círculo bermello que simboliza ese país.
Damos as gracias a Beatriz Lema, da Escola de Cerámica de Sargadelos,  por propoñernos esa idea tan ilusionante e de cuxa realización faise eco La Voz de Galicia na súa edición de onte, martes, 12 de abril. Na noticia hái unha descrición detallada do proceso de realización do mural.

É un gran orgullo para nós participar nesa iniciativa, que esperamos que pronto estea rematada para que o mural sexa instalado publicamente nun espazo costeiro. Seguiremos informando.

You May Also Like

0 comentarios


---