As cadeiras mutantes

por - 7.6.11

O que eran vulgares cadeiras de alumno convertíronse, nun artístico proceso de metamorfose, en obras maravillosas.

Unha, é agora un bosque animado, con raíces, pólas, follas, cogumelos, bolboretas, trasnos...É obra dun grupo de alumnas de 1ºC, formado por Laura García, Eva Carballeira, Ana Cotelo e Lucía Rodríguez. Detrás delas, a profesora de volume, Ana Pita.

Outra cadeira transformouse na obra €ND, onde un home perde a cabeza polo consumismo. As autoras fóron Paula Costas, Yenny Zhou, Beatriz Vila e Verónica Suguetti; tamén de 1ºC, do bacharelato artístico.

A instalación destas obras no vestíbulo do IES Adormideras aproveitose para que este grupo de alumnas reparara e reinstalara outra obra similar de anos anteriores, o neno con cadeira de Gorka, Adrián Prado e outros/as, que pasou do 1º andar á planta baixa, xunto ó salón de actos. Finalmente, outra cadeira acompañada dunha mesa, convertida hai anos nun comic, permanece no seu emplazamento orixinal do 1º andar.

You May Also Like

0 comentarios


---