A porta do paraugas de choiva

por - 25.1.12

Na liña de traballo da profesora Ana Pita nos últimos curso, unha nova porta decorada engádese ás que xa podedes ver a diario no IES Adormideras.


Ata agora traballouse nas portas da planta baixa, pero esta obra está colocada no WC feminino do 2º andar. É obra das alumnas de 2º de Bacharelato-B Cristina García, Natalia Romero e Sheila Rodríguez, ás que damos as gracias polo seu traballo.

Representa a unha rapaza de triste expresión cuberta cun paraugas...no que chove!, mentres alonga a man para ver si chove fora. Aínda que a obra orixinal é do artista urbano Banksy (Rain umbrella), semella un tema moi adecuado para Galicia: móllaste ata debaixo dos paraugas.

Podedes ver o proceso de creación nas fotos do album correspondente.

Pregunta: É o tema pertinente para a porta dun WC?

Nota: Provisionalmente esta porta  foi instalada no departamento de Inglés, para poder traballar sobre a porta deste seminario.

You May Also Like

3 comentarios

  1. Pois a min, personalmente me parece do máis pertinente. E ademaís preciosa.

    ResponderEliminar
  2. ¿Lluvia en un WC? Bueeeeeno...

    ResponderEliminar
  3. Almu De Na31/01/12, 18:25

    Banksy!
    o "k" saltouvos de lugar! :)
    www.banksy.co.uk/
    a nena da choiva pintouna en New Orleans..

    ResponderEliminar


---