Traballos de e TEGP - 2ª parte

por - 17.6.14

E rematamos coa pequena recopilación de traballos de alumnos do último curso do Bacharelato Artes, da cal víchedes a primeira parte aquí.

Para empezar, outra das técnicas humildes, que seguro que teredes moitos de vós nos vosos estuches: o rotulador. Resulta complicado sacarlle proveito, pero penso que o conseguiron. Neste caso tiñan que traballar o tema da perspectiva na cidade.




Aquí podedes ver uns exames que tiveron que facer con técnica mixta, ilustrando o principio de "Cien Años de Soledad" ou o tema da "Corrupción política". A cuestión é que tiñan que realizalo en pouco máis dunha hora.




E por último, unha serie de traballos de temas e técnicas variadas.




Agardamos que vos gustasen todas estas obras. Creo que os nosos alumnos poden sentirse satisfeitos do traballo realizado. Seguro que de entre eles van saír moi bos pintores, ilustradores, fotógrafos, debuxantes, escultores, animadores..., e, sobre todo, moi boas persoas, que foi o que amosaron mentres estiveron estudando connosco.

Desexámosvos moita sorte nos vosos estudos e na vosa vida futura!

You May Also Like

0 comentarios


---