Traballos de pintura e ilustración TEGP - 1ª parte

por - 15.6.14

Como cada certo tempo durante o curso, gústanos ensinarvos o que fan algúns dos nosos alumnos de Artes Plásticas. Xa sabemos que en todas especialidades traballades moito e moi ben, pero os que nos adicamos ao mundo das imaxes non seríamos nada sen un público ao que poidamos dirixir o que facemos.

Neste caso, podedes ver unhas presentacións cos traballos de alumnos da materia de Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica de 2º de BAC, ou sexa, de técnicas de pintura.

Como na "vida real", os creadores non sempre poden traballar sobre os temas que lles apetecen. Moitas veces as obras consisten en ilustracións que acompañen a un texto determinado e poñan imaxe a un tema, por pouco artístico que este poda parecer.

Nestes traballos o tema era "Os conflitos bélicos internacionais", e tiñan que traballar maioritariamente coa técnica da acuarela.



 Aquí se lles pedía que realizasen retratos únicamente coa técnica do lapis de cores. E fixádevos que proveito se lle pode sacar aun instrumento tan humilde:



Nestes outros tiñan que ilustrar un texto periodístico de Manuel Rivas, sobre a Galicia do feísmo, os incendios, a basura nos montes...



Como non queremos aburrirvos, xa vos amosaremos máis outro día.




You May Also Like

0 comentarios


---