Sección Europea

por - 6.11.06

Este ano comezamos un plan experimental, no que se nos imparte a asignatura de Ciencias da Natureza só en inglés. Ao principio resultábanos un pouco difícil, pero agora, a verdade, xa nos imos afacendo. De todas formas hai que facer un esforzo extra, para entender ben a asignatura . O profesor que nos imparte a materia é José Luis Sánchez Zas , só nos fala en inglés posto que é un plan de inmersión lingüística; incluso nos corredores nos fala nesta lingua. Pouco a pouco imos entendendo mellor e xa estamos moi habituados á asignatura.

You May Also Like

0 comentarios


---