VISITA AO BARCO "VELL MARÍ"

por - 18.5.07

O mércores 16 de Maio o grupo de 2º E.S.O. visita o barco velero "Vell Marí" que participa nun proxecto conxunto,A Favor del Mar,entre a Fundación CRAM e a Obra Social de La Caixa. O obxectivo é percorrer durante dous anos 8000 millas polo Mediterráneo e o Atlántico participando en actividades de rescate, investigación, educación e formación de especies mariñas en perigo de extinción.






RUTA DO VELL MARÍ POLAS COSTAS MEDITERRÁNEAS E ATLÁNTICAS





O barco dispón dun equipamento completo composto básicamente por: equipo para recuperación , avistamento e rescate de especies mariñas( cofa de observación, sistema de pescante móbil, sistema de captura e aillamento, sistema de cerco,sistema de visión nocturna),equipo de imaxe e documentación(cámaras reflex, sistemas de iluminación submariña, cámara UCAM para inmersións ata 100m e hidrófono),equipo para actividades subacuáticas(seis equipos de inmersión completos con escafandra autónoma), equipo de estudos biolóxicos e equipo de estudos veterinarios.







Tratando unha Tartaruga / Laboratorio 1 /Cadro de Mandos /Laboratorio 2

A visita ao barco faise nunha hora e antes de subir vense un par de videos onde se explica cal é o obxectivo deste proxecto. Unha vez a bordo amósannos tódolo material do que dispoñen tanto en cuberta coma nos camarotes. Os alumos/as estiveron participativos/as e agás algún pequeno mareo a visita merece a pena pois os rapaces aprenden a valorar o esforzo que moitas persoas fan por manter a maior biodiversidade posible de especies para que poidan beneficiarse delas no seu futuro.


You May Also Like

1 comentarios

  1. Hace poco estuvimos en el velero Vell Marí y nos gustó mucho. Nos habían hablado de esta iniciativa de Obra Social y del video blog que han preparado. Recomendable para toda la familia!

    ResponderEliminar


---