NOVIDADES ACADÉMICAS 07-08

por - 2.7.07

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Orientación ao alumnado de ESO
Todos vos habedes de escoitar e ver nos distintos medios de comunicación que pronto haberá cambios educativos. Nesta liña imos ver algunhas novidades de cara ao próximo curso:
2007/08:
A implantación das novas ensinanzas comprenderán os cursos seguintes:
1º ESO:
A novidade é que a mayoría dos alumnos terán que estudiar unha 2º lingua estranxeira, desparece a materia optativa de Obradoiro de matemáticas e só os alumnos que amosen necesidades educativas especiais estarán exentos do 2º idioma e irán a clases de apoio, estes alumnos serán os que necesiten A.C.I e non afecta aos que teñan dificultades nunha materia determinada.
3º ESO:
Ente outras cousas hai unha nova materia optativa.
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras:
Esta materia esta relacionada moi directamente coa formación profesional en xeral, e máis específicamente cos alumnos que opten, despois de realizar a súa F.P, adicarse a montar e xestionar a súa propia empresa. Na FP podemos salientar os ciclos seguintes:
Administración de Sistemas Informáticos
Administración e Finanzas
Animación turística
Axencia de Viaxes
Comercio Internacional
En relación aos estudios de bacharelato esta materia aporta aos alumnos unha formación básica inicial relacionada coa asignatura de Economía.
Para o resto de materias optativas de 3º non haberá cambios, seguen vixentes as opcións de 2º idioma estranxeiro e cultura clásica.

You May Also Like

0 comentarios


---