ELECCIÓNS 2008

por - 13.3.08


O sábado 9 de marzo do 2008, celebraronse as eleccións das Cortes Xerais de España que, de acordo á Constitución, están constituídas por dúas Cámaras: o Congreso dos Deputados e o Senado.

  • O Senado (cámara alta) é un órgano constitucional que representa ao pobo español. Entre as súas funcións destaca a poder lexislativo xunto co Congreso dos Deputados e o Rei, tramita proxectos de lei e ten unha función de integración territorial.
  • O Congreso dos Deputados (cámara baixa) é o órgano constitucional composto por 350 deputados. O mandato dos deputados remata catro anos despois da súa elección. Ten a potestade lexislativa, a función presupostaria e o control da acción do goberno.


Sandra Blanco de 2º de bacharelato dache información do método para repartir os escanos, dos resultados e das estatísticas que se publicaron con anterioridade.

elección xerais 2008

You May Also Like

1 comentarios

  1. BREVE SITUACIÓN DO ENSINO.

    Tras varios de Gobernos liberais do PP, os ataques aos servizos públicos foron constantes, pero o caso máis alarmante destes, recae na educación. O actual Goberno “socialista” continuou o proceso iniciado anos atrás, facendo unha vez máis, o ridículo.

    Nos últimos tempos, e baixo todo tipo de cortinas de fume, introducíronse reformas educativas neoliberais, iniciadas co PP coa LOCE e a LFP e na actualidade, co continuísmo do PSOE coa vixente LOE. Procesos que privatizan, elitizan e deterioran cada vez máis o sistema público de educación, tendo este, unha simple visión mercantilista, dando un paso atrás no dereito universal a unha educación pública, democrática, gratuíta e de calidade
    O ensino viuse gravemente atacado polas políticas desgaleguizadoras do PP e que agora, a Consellería de Educación, nas mans do PSOE, presentará o Decreto 124/2007, grazas as grandes mobilizacións estudantís, polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Pero que vemos como, pasados varios meses da vixencia deste mesmo, hai un incumprimento masivo na docencia oral en galego e tampouco hai interese ou vontade por parte desta Consellería para que se cumpra o Decreto
    Alén disto, cabe resaltar como o Estado español está na cola de Europa en investimento educativo, e que cada vez é maior o fomento cara o adoutrinamento relixioso, que como non ía ser de outra maneira, está subvencionado con cartos públicos.
    Vulnéranse tamén os dereitos fundamentais do alumnado, caso especial o de reunión, asociación e folga. Finalmente, os órganos de goberno e xestión escolar non aseguran unha representación estudantil paritaria cos demais sectores

    ---------------------------------

    Pensas continuar así?
    únete a nós e loita por un ensino mellor!

    Comités Abertos de Estudantes

    ResponderEliminar


---