Esta exposición foi realizada por alumnos de 2º B, C, D de Bacharelato Artístico do Ies Adormideras baixo a coordinación da profesora Mª Luisa García Berrios e pode verse na sala de exposcións de dito centro durnte este mes.Esta mostra céntrase en tres temas:
O Punto na composición:Exercicio no que crearon unha composición como base para incluír posteriormente o punto (o signo máis elemental da linguaxe gráfico-plástica) como elemento de equilibrio, variedade ou interese, deixando nalgunha ocasión que se convirta no protagonista da composición.
A palabra e a imaxe: Na que se parte dunha composición considerada como fondo paa engadir signos caligráficos que funcionarán como un elemento máis da linguaxe plástica. Ao mesmo tempo trnasmítese unha mensaxe ou idea que debe estar en harmonía co sentido expresivo da totalidade da composición.
A figura humana: Despois de analizar a obra deste artistas do século XX( Degás, Modigliani, L. Freudd, Marc...) traballaron baixo a influencia do pintor co que máis se identificaron, ou utilizando como base algunha das características da obra, e á vez coa intención de crear algo propio e diferente.
Hai 2 semanas
0 comentarios