¿que estudar?,¿onde estudar?

por - 15.12.08



Durante o curso 2008/2009 realizarase a terceira edición de UNITOUR.


Despois do éxito das dúas primeiras ediciónes, Círculo Formación decidiu repetir a experiencia destas feiras ao obter un importante número de visitantes nas distintas cidades onde se celebrou.


UNITOUR é un lugar de encontro para axudar aos alumnos a deseñar o seu futuro profesional a partir da correcta elección sobre dúas cuestións fundamentais, ¿que estudar?,¿onde estudar? UNITOUR daralles a coñecer de primeira man a oferta universitaria dispoñible.

Poderanse informar de todas as carreiras que ofertan as universidades asistentes.

Explicaranlle todo o que lles interese de cada Universidade ou Carreira.


Este ano todas as persoas que se acheguen á feira poderán recibir toda a información que desexen. As distintas universidades ou escolas estarán nunha sala, con distintas mesas, e cada unha dará a coñecer toda a oferta universitaria que posúe, as instalacións, os acordos internacionais, as notas de corte...


CURSOS
2º A, B e C Bacharelato

MOTIVO
Saída ó PALEXCO
“UNITOUR” Feira de Universidades.

Muelle de Transatlánticos s/n

15003 A Coruña

981228888


DÍA
MÉRCORES, 17 de DECEMBRO


PROGRAMA
Horario: de 9 a 10,30 horas
Van directamente ó PALEXCO.


PROFESORES
Teresa Blanco, Mar García e Luís Varasa

You May Also Like

0 comentarios


---