Avaliación do Obradorio de Educación afectivo-sexual

por - 2.2.09






(Asociación Galega Para A Saúde Sexual)

EDUCACIÓN AFECTIVO-EMOCIONAL E SEXUAL

IES ADORMIDERAS

Mércores 28 de Xaneiro, 2009

1. OBXECTIVOS.
Abordar temas de afectividade, expresión de emocións e sentimentos e a sexualidade dentro das aula faise necesario desde o momento no que os/as adolescentes, aínda tendo moitísima información ao seu alcance, ista, moitas veces é confusa ou non a reciben/asimilan dunha forma axeitada.
Veñen sendo demasiados os embarazos non planexados, os mitos e a asunción de estereotipos e roles (como o do papel da muller nunha relación de parella) que, refórzados a través dos medios de comunicación, inciden negativamente sobre o establecemento de relacións equilibradas de parella ou sobre a conformación de prexuizos e condutas discriminatorias hacia moitas/os adolescentes por non responder a un único modelo de sexualidade (predominantemente heterosexual, centrada na xenitalidade e carente de mensaxes preventivos).
É por elo que o noso obxetivo xeral ben sendo crear un espazo onde poder falar con liberdade e nun clima de confianza en torno a temas de afectividade e de sexualidade.
Tendo tamén outros mais específicos:
· Favorecer a revisión e cuestionamento de mitos e conceptos falsos relacionados coa expresión de emocións, sentimentos e sobre a sexualidade.
· Incidir sobre a concienciación respecto de temas vencellados aos dereitos sexuais, reproductivos e a violencia de xénero entre adolescentes.
· Favorecer o cuestionamento de determinadas actitudes sexuais e afectivas (como poden ser as homófobas ou sexistas), potenciando a tolerancia e o respecto como base para unhas relacións positivas entre as persoas.
· Dotar de recursos e orientar para unha correcta toma de decisións e para a asunción das responsabilidades en relación a unha/un mesma/o e/ou aos demáis.
· Contribuir á prevención de conductas de risco que supoñan un posíbel contaxio de VIH/SIDA ou un embarazo non planexado.
· Contribuir a unha diminución das consecuencias dunhas relacións afectivo-sexuais non desexadas ou mal vividas.

2. CONTIDOS:
1. Os conceptos de afectividade e sexualidade. Dereitos e responsabilidades (revisión e reflexión das nosas actitudes, valores e normas).
2. Roles, estereotipos, mitos, falsas crenzas e tabúes en torno á afectividade e á sexualidade.
3. Conflitos entre desexos, valores, normas sociais e culturais.
4. Prevención de situacións non desexadas: embarazos non planexados (métodos anticonceptivos), anticoncepción de emerxencia, relacións conflitivas e violencia de xénero.
5. Enfermidades de transmisión sexual. VIH/SIDA: prevención e vías de contaxio.

3. AVALIACIÓN DAS SESIÓNS.

GRUPO: 4º A y D da ESO (19 alumnas/os)
Acadáronse os obxetivos trazados (tanto os xerais coma os específicos anteriormente citados) de maneira satisfactoria.
Atopamos neste aula un grupo motivado e polo tanto poidemos desterrar mitos e crenzas moi aferradas nos rapaces e actitudes erróneas frente a sexualidade e a afectividade.
Tamén se traballou moito a percepción de riscos entorno a sexualidade porque durante a sesión tanto as mozas coma os mozos demostraron a baixa percepción de risco que tiñan fronte a transmisión de infeccións de transmisión sexual. Aínda así recoméndase a posiblidade de traballar (de maneira transversal, nas asignaturas que se impartan no centro) para incidir no referente a este tema.
Actitudinalmente, o grupo participou de forma activa durante todo o obradoiro, facendo preguntas e intersándose polas dinámicas propostas, e tamén polas explicacións de tipo más teórico e conceptuais.

GRUPO: 3º (25 alumnas/os)
Os obxectivos plantexados dende o principio da sesión acadáronse xa que as/os alumnas/os expresaran as súas dúbidas e foi nestas nas que se baseou a actividade.
Traballáronse actitudes de risco fronte as infeccións de transmisión sexual, facendo fincapé nos falsos mitos en relación ás vías de contaxio. Resolvénronse dúbidas referente os embarazos non planexados facendo referencias á Lei do Menor, en relación cos Dereitos sexuais e Reproductivos.
Ca “historia do ligue” aclaránronse moitos conceptos relacionados ca afectividade das/os adolescentes e desterránronse mitos coma que os bicos non se poden relacionar ca sexualidade.
O aspecto máis sobresaínte da sesión foi o que unha moza pensara que a homosexualidade é unha enfermidade baseándose que as persoas homoxesuais teñen un cromosoma diferente as persoas heterosexuais.
A prevención é fundamental nestas idades polo que é importante seguir a traballar nestos temas que tanto teñen que ver co crecemento coma persoas.

You May Also Like

0 comentarios


---