CHARLA SOBRE O XOGO DE SIMULACIÓN PLAY!

por - 26.11.09


Por terceiro ano o alumnado de 1º de Bacharelato e 4º de ESO vai participar no xogo PLAY!, que en Galicia organizaCaixanova.

Trátase dun xogo en liña de simulación empresarial, no que organizados en equipos (empresas) os rapaces tentan vender nun mercado competitivo productos lácteos e obter beneficios.

O xogo desenvólvese ó longo de varias fases, máis ou menos tres meses.

Para introducir o xogo viñera a dar unha charla Gonzalo Garre, da Dirección Operativa de Play! o día 12 de Novembro no Instituto.

You May Also Like

0 comentarios


---