O alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato fixo unha visita o venres 5 de Marzo á cidade de Santiago, acompañados polos profesores Jaime Duque, Pedro Pérez e Luis Varasa.
Tiveron a oportunidade única de ver o Pórtico da Gloria da Catedral dende cerca, gracias ós andamios colocados para a súa restauración. Tamén fixeron unha interesante visita guiada ó coro pétreo do Mestre Mateo.
Polo serán, visitouse a monumental igrexa de San Martiño Pinario e o seu museo.
1 comentarios
Pedro Vázquez! canto tempo sen velo...
ResponderEliminar