Xa somos Instituto plurilingüe!

por - 6.10.10


¡Ya somos Centro plurilingüe!

Finally we are a multilingual School!

Nous sommes déjà un Lycée polyglotte!

Wir sind schon mehrsprächige Schule!

O noso proxecto foi seleccionado este curso para comenzar co ensino plurilingüe en 1º de ESO, no que se cursarán Ciencias Naturais e Relixión en inglés.
Representa a profundización nunha das liñas definitorias do Instituto Adormideras, xa que hai moitos anos que damos unha especial importancia ó ensino de idiomas, como amosa a incorporación do alemán xunto o francés como segunda lingua, a colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de A Coruña e a participación nos programas de Seccións Europeas e logo Bilingües.
Soamente outros dous Institutos públicos de A Coruña participan tamén no proxecto. Parabéns a nosos compañeiros e alumnado, que teñen diante un reto ben ilusionante.

You May Also Like

0 comentarios


---