Primeiros contactos coa neve: ...¡de fuciños!

por - 17.1.11



Tempo espléndido, case de verán, polo que tivemos que refrescarnos máis do esperado. Foi o primeiro día de contacto co ski para parte dos alumnos, sen embargo pola tarde esquiaban como se levasen aquí unha semana. Claro que fomos á neve ben almorzados e disfrutando das últimas porcións de biscoito que a mamá de Miguel nós obsequiou. E como premio da boa actuación nas pistas, repartiuse a caixa de bombóns que a nai de Aldara e Adrián tivo a ben regalar. Todos estamos contentos, os alumnos cos profesores e estes cos alumnos. E para ver que ben o pasamos, pinchade a seguinte dirección:
http://picasaweb.google.com/ies.adormideras/SegundoDia#

You May Also Like

1 comentarios


---