Todos os anos o IES Adormideras participa no Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a Universidade Santiago de Compostela
Hoxe celebramos a conferencia do profesor da USC, Manuel D´Artaza, que disertou acerca do Espazo Europeo de Educación Superior, oferta académica da USC: titulacións, participación en Programas Erasmus, actividades culturais e deportivas, conferencias e servizos universitarios de comedor, residencias e instalacións deportivas.
Participaron un total de 200 alumnos e alumnas que seguiron con interés esta actividade e cubriron unha enquisa referida aos seus intereses académicos ao remate do bacharelato.
Ademais todo o alumnado que o dexese poderá participar no CONCURSO DE RELATOS CURTOS da USC:
¿Cómo te imaxinas na USC? Como premio recibiredes un ordenador portátil. As bases as podedes recoller nas mesas que hai na entrada do noso IES ou no Departamento de Orientación.
0 comentarios