O IES Adormideras na revista "Magisterio"

por - 16.3.11

Na revista "Magisterio", especializada nos temas educativos, apareceu o día 9 de marzo un amplo suplemento adicado ó plurilingüismo, no que unha páxina completa se centraba na experiencia do IES Adormideras.

Preséntase o instituto a través dunha entrevista coa ditrectora, Carmen Tembrás, que fala dos aspectos positivos deste tipo de ensino nun contexto cada día máis internacionalizado.

Despois, aparece unha valoración da práctica do ensino das Ciencias Naturais en inglés na aula de 1º da ESO, con Mr. Zas. Nesta, vese a integración no ensino das novas tecnoloxías da información, como especialmente proveitoso para o aprendizaxe nunha lingua estranxeira.

Complétase a reportaxe  cun comentario sobre a importancia das actividades complementarias e extraescolares de todo tipo que se se levan a cabo no Centro.

You May Also Like

0 comentarios


---