Visitamos a Cidade da Cultura

por - 22.3.11

Nunha xornada luminosa (luns, 21 de marzo) que parecía celebrar a primaveira entrante, o IES Adormideras fixo unha saída didáctica programada polo sur de Galicia.
Foi ben proveitosa para o alumnado de 2º do bacharelato de artes, que visitou pola mañá a facultade de Belas Artes e a Escola Superior de Conservación e Restauración, veciñas de Pontevedra.
Polo serán vimos o interesante proxecto da Cidade da Cultura no monte Gaiás, nos arredores de Santiago: Aquí tedes as fotos desta xornada vespertina. Próximamente completaremos con novos álbumes a lembranza da viaxe.

You May Also Like

0 comentarios


---